¿Por qué estudo a Terra Chá?

É unha boa pregunta, según meu pai, nace o corvo na pena e tira para ela.
Ata hai dous anos, case non sabía o que significaba a palabra Seixo, sinceramente toda vida usei a palabra Cuarzo. Isto non só me pasou a min, senón que estou seguro que a moitos chairegos lles sucedeu o mesmo.
¿Qué sucedía?
Chegaban as MINAS ... pois de iso se trata esta historia.

sábado, 29 de mayo de 2010

Quitándolle importancia ó problema!!

Como se ten comentado moitas veces, a baixada do nivel do terreo como consecuencia da retirada das gravas de seixo, é moi probable que provoque o encharcamento da zona afectada (sobre todo na época de máis choivas).
Isto é algo que a empresa concesionaria das minas contempla no seu proxecto, da seguinte maneira (máis ben, a súa maneira):

"Como consecuencia de la explotación se puede producir un pequeño abatimiento del nivel freático (o cerca que está a auga da superficie) en los alrededores más inmediatos del hueco generado, de pequeña escala y no considerado muy sustancial, permaneciendo práticamente invariable la superficie del nivel freático. 
Dado que por las características climáticas y pluviométricas de la zona, la explotación sólo se realizará en la época estival, durante cinco meses entre primavera y otoño, precisamente condicionada a bajos niveles freáticos, y con una profundidad de excavación pequeña (siempre inferior a 4 metros), se anula la afección sobre el nivel freático"

Conclusións - O meu entender, no proxecto non son moi claros, en canto  a forma da que se vai a ver afectado o solo, xa que utilizan palabras como: pequeño, no muy sustancial, prácticamente invariable, que non son demostrados con datos ou estudos. Ocorre así con moitas das explicacións que se poñen no proxecto...pero eso queda para outro día!

2 comentarios:

  1. Non son ningunha entendida en proxectos, pero eu o ler este sempre entendín que se referían o momento da explotación, de como quede o terreo eles nunca falan, afirman en todos os sitios que non vai haber afectación, porque parten de que en apariencia todo queda igual, o cal pode ser certo, a simple vista nunha finca grande non se lle vai notar o rebaixe do nivel, e de que todos somos parvos.

    Cando haxa grandes inundacións será a culpa da nai natureza, de Santiago Pemán, choverá máis do normal.... A saber quen terá a culpa?? calquera menos eles.

    ResponderEliminar
  2. Xa decian os vellos non lle saques os "COIOS" a terra que despois non dan fruto.

    ResponderEliminar