¿Por qué estudo a Terra Chá?

É unha boa pregunta, según meu pai, nace o corvo na pena e tira para ela.
Ata hai dous anos, case non sabía o que significaba a palabra Seixo, sinceramente toda vida usei a palabra Cuarzo. Isto non só me pasou a min, senón que estou seguro que a moitos chairegos lles sucedeu o mesmo.
¿Qué sucedía?
Chegaban as MINAS ... pois de iso se trata esta historia.

jueves, 27 de mayo de 2010

¡Dudas sobre as Minas!

¿Como van ser as minas na Terra Chá? - "Unha explotación a ceo aberto por cribado e transferencia para a obtención de Gravas de Seixo"

¿Que é entón, o que eles entenden como Gravas de Seixo? - Todos aquelas gravas (ou pedras, pa entendernos mellor) maiores de 4 cm.

¿Ata que profundidade van a furar? - É unha boa pregunta, xa que teño lido de todo. A profundidade máxima que lín, foi de 4 metros. No proxecto que teño diante agora mesmo pon: Para un espesor explotable siempre inferior a 3 metros. (Agosto 2002)

¿En que época do ano van a realizar a extracción do Seixo? - De Maio a Setembro. Non é que non queiran traballar todo o ano, senón que na chaira o nivel de auga, está moi próximo a superficie durante case todo o ano. Isto que quere decir, ou que está encharcado, ou que a pouco que furen, atopan auga moi rápido, polo que non poden entrar as máquinas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario