¿Por qué estudo a Terra Chá?

É unha boa pregunta, según meu pai, nace o corvo na pena e tira para ela.
Ata hai dous anos, case non sabía o que significaba a palabra Seixo, sinceramente toda vida usei a palabra Cuarzo. Isto non só me pasou a min, senón que estou seguro que a moitos chairegos lles sucedeu o mesmo.
¿Qué sucedía?
Chegaban as MINAS ... pois de iso se trata esta historia.

sábado, 29 de mayo de 2010

Parcela de Ensaio

As fotos que se poden observar nesta entrada, son dunha pequena parcela de 4 x 4 metros, na que se pretende simular (a pequena escala...moi pequena escala) o proceso de extracción de seixo. 
O proceso é o seguinte:
  1. Nesta parcela vamos a facer un furado de ata 2 metros de fondo (en teoría, ata o máximo que poderían furar), retirando en primeiro lugar a cuberta vexetal (xa comentamos noutra entrada, que é a capa de terra superficial de aproximadamente 40 ou 50 cm, que labramos e sementamos). 
  2. A continuación mesturamos esa terra retirada, quitamos as gravas de seixo (coios)  maiores de 4 cm. 
  3. Para facer un proceso similar o cribado e ante a falta de medios (económicos, como non!) removemos esa terra o máximo posible e voltamos todo para o furado.
  4. Xa por último, colocamos a cuberta vexetal (40 ou 50 cm) retirada o principio.
¿Que sucede o realizar isto?
  1. Redúcese o nivel do terreo, é dicir, baixa con respecto o terreo que non foi alterado. É tan sinxelo, como que as gravas ocupan un volume no solo, polo que a súa retirada supón unha reducción  no nivel do terreo (un pequeno furado ou poza). No proxecto elaborado pola empresa Concesionaria, estímase en un 5 % (que eu penso que poderia ser máis).
  2. Altéranse case 1,5 metros de terreo, mesturando horizontes (os horizontes son as distintas capas de terra que se poden observar no solo, que están formadas por materiais distintos). Isto o meu entender é un dos problemas máis grandes das minas, xa que alteran a estrutura do solo, que é un sistema ó que lle levou moitos, pero moito moitos anos formarse. Isto implica que o movemento de auga no solo non vai a ser o mesmo, que a productividade do terreo se vexa alterada, etc.
  3. O nivel da auga na Terra Chá, está moi próximo a superficie do terreo, na maior parte do ano. Ó reducir o nivel do terreo (ca retirada das gravas) probablemente o que suceda, é que se formen pozas nos lugares onde se realizou a extracción.
Podemos observar na seguinte foto, como cando o nivel da auga está moi próximo a superficie, unha pequena baixada no nivel do terreo, crea unha poza.

1 comentario:

  1. Esta foto recórdame a rega de requeixe o camiño das varxas e o camiño real. Tempos pasados que poden volver si deixamos que acaben ca terra chá.

    ResponderEliminar