¿Por qué estudo a Terra Chá?

É unha boa pregunta, según meu pai, nace o corvo na pena e tira para ela.
Ata hai dous anos, case non sabía o que significaba a palabra Seixo, sinceramente toda vida usei a palabra Cuarzo. Isto non só me pasou a min, senón que estou seguro que a moitos chairegos lles sucedeu o mesmo.
¿Qué sucedía?
Chegaban as MINAS ... pois de iso se trata esta historia.

jueves, 27 de mayo de 2010

¿Como é o Seixo?

Gústame especialmente esta foto (mellor nun tamaño mais grande) xa que é un corte do terreo, no que se pode observar como é o solo nunha zona da Terra Chá (entre Outeiro e Bazar).
Vemos unha primeira capa máis negra, é a chamada Cuberta vexetal. Esta é a capa de terra que se traballa (labrar, sementar, etc.) Todavía se ven poucas gravas de seixo nesta primeira capa.
A segunda capa, xa contén moitas máis gravas de seixo. Esto é o que veñen buscando os das Minas (esas pedras redondas que se ven nas fotos).
A continuación vou poñer unha foto dunha grava de seixo como a que lles interesa ós das minas (a verdade e que se atopa por calquer camiño ou pista da concentración)

4 comentarios:

  1. Eu sempre os coñecín como COIOS, inda que seguro non e o nome correcto.

    ResponderEliminar
  2. Pois son os nosos coios, e o noso terreo. O que non me parece loxico e que a unha empresa coma Erimsa lle resulte tan facil conseguir controlar o que supón que nos pertence.

    ResponderEliminar
  3. "COIOS" é un nombre moi adecuado e correcto para denominalos e entendernos. (Terra Chá)

    ResponderEliminar
  4. TEMOS KE ESTAR UNIDOS TODOS OS DA TERRA CHA CONTRA AS MINAS. A UNION FAI A FORZA. VIVA A TERRA CHA . E FORA AS MINAS.

    ResponderEliminar