Xa hai tempo que tiña gañas de falar do que me pareceu a “Xornada contra a extracción de cuarzo na Terra Chá”, organizada pola Comisión de Asociacións en contra das minas da Terra Cha, máis concretamente dos actos informativos.
(Fonte da foto: http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=8&i=543)
De entrada, xa me gustou moito, que un dos invitados fose Vidal Romaní, xa que teño lido un par de columnas de opinión no periódico (un era sobre as minas e o outro sobre a lagoa artificial de As Pontes) e gustame a súa forma de pensar e de expresarse, xa que fala con toda naturalidade do que pensa. (Se vos digo a verdade, tamén me ten gañado, porque lle teño feito consultas sobre o estado dos solos na Terra Chá despois das minas, e el sen coñecerme de nada, intentou resolverme todas as dúbidas). Se lle tivera que poñer un pero a súa intervención, o mellor sería que as veces empregaba unha linguaxe algo técnica para falar dos solos, e que por ahí o mellor se perdía algo de información, pero en xeral moi ben.
Gustoume como estaba pensada a charla, unha persoa que dirixe a charla, unha opinión de un experto en solos e un experto en leis, para explicarlle a xente como está a situación actual no tema xurídico, e cal é a tendencia futura.
Unha das conclusións finais, foi que todo vai a depender en gran medida, de que a autorización da Xunta de Galiza sea positiva, a cal ven determinada por informes de distintas consellerías ou órganos competentes. Un dos informes no que máis esperanzas se ten postas, é no da Confederación Hidrográfica, xa que se considera que a actividade extractiva pode contaminar os acuíferos.
Pois eu funme para a casa pensando en iso, e sintoo, pero o meu entender creo que vai a ser algo dificil de demostrar.
1. As máquinas que van a realizar a extracción do seixo, son retroexcavadoras, cribadoras e camións, as cales (tal como pon o proxecto) cun correcto uso e mantemento, non teñen porque realizar vertidos de aceite ou gasoil.
2. Se se reduce o nivel do solo, e polo tanto o nivel de auga está moito máis próximo a superficie (en caso de que non estea encharcada), eu SÍ penso que os acuíferos se van a contaminar en certa medida, pero non de forma directa pola empresa, senón polos gandeiros que apliquen fitosanitarios os seus prados coma sempre, e que debido a ese nivel de auga máis próximo a superficie, capte unha maior cantidade de fitosanitarios que pasara á auga.
¿De quén vai a ser a culpa entón?
Dirá a empresa concesionaria das minas: Dos gandeiros por realizar un mal uso dos produtos fitosanitarios, xa que eles non contaminaron. (de forma directa, aunque sí de forma indirecta, xa que por mor diso, é máis fácil contaminar os solos da Terra Chá).
Xa para acabar:
+ POSITIVO: As charlas foron dun nivel moi bo, tratando de informar a xente mediante información de todo tipo: Técnica e xurídica.
+ NEGATIVO: A pouca presenza de gandeiros (xa sei que era día de ensilar) xa que no fondo considero que serán eles os máis perxudicados. Penso que moitos non se dan conta, de que como esa terra despois de extraer o seixo, non sexa tan produtiva coma antes, pode ser a morte do afogado.