¿Por qué estudo a Terra Chá?

É unha boa pregunta, según meu pai, nace o corvo na pena e tira para ela.
Ata hai dous anos, case non sabía o que significaba a palabra Seixo, sinceramente toda vida usei a palabra Cuarzo. Isto non só me pasou a min, senón que estou seguro que a moitos chairegos lles sucedeu o mesmo.
¿Qué sucedía?
Chegaban as MINAS ... pois de iso se trata esta historia.

miércoles, 2 de junio de 2010

Fotos didácticas

Vouvos propoñer un pequeno xogo ou adiviña. Vou publicar dúas fotos, das cales, unha é dende o punto de vista dos chairegos, e a outra dende o punto de vista dunha empresa mineira calquera (por exemplo unha que teña pensado quitar seixo na Terra Chá). O xogo consiste en relacionar as fotos, cos distintos puntos de vista mencionados anteriormente.
Por se vos interesa, s fotos son de un perfil de terreo situado na Ponte de Outeiro (un corte, no que se poden observar as distintas capas do terreo).
 

Nesta entrada, deixeime levar algo polos sentimentos jeje, prometo que nas próximas, serán na liña de tratar de documentar todo o que vou escribindo.

1 comentario:

  1. Pero o certo é que hoxe en dia o seixo non ten moito valor. Costa mais o traballo e a maquinaria para sacalo de ahí, ca valor ten no mercado.
    Pode ser que a empresa pretenda conseguir a concesión das terras por 90 anos, e cando o seixo teña mais valor, extraer. Ou que en vez de seixo busque outro mineral mais valioso.

    ResponderEliminar