¿Por qué estudo a Terra Chá?

É unha boa pregunta, según meu pai, nace o corvo na pena e tira para ela.
Ata hai dous anos, case non sabía o que significaba a palabra Seixo, sinceramente toda vida usei a palabra Cuarzo. Isto non só me pasou a min, senón que estou seguro que a moitos chairegos lles sucedeu o mesmo.
¿Qué sucedía?
Chegaban as MINAS ... pois de iso se trata esta historia.

martes, 15 de junio de 2010

Declaración de Impacto Ambiental

A Declaración de Impacto Ambiental (DIA) ten bastantes cousas que comentar, pero unha das máis destacadas é a seguinte (cita textual):

"En relación cos informes solicitados á Dirección Xeral de Turismo e a Confederación Hidrográfica do Norte, ó órgano substantivo sinala que NON se recibiron tras reiterada petición, polo que procede continuar coa tramitación do expediente"

É triste decilo, pero o SILENCIO ADMINISTRATIVO, considérase como un INFORME POSITIVO, polo que:

"Cumprimentada a tramitación ambiental, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, como órgano ambiental e no exercicio das competencias que lle concede o Decreto 106/2004, do 27 de Maio, formula, aos efectos ambientais, a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) do proxecto de PASE a Concesión de Explotación derivada do permiso de investigación Alicia nº 5.917, nos concellos de Abadín, Castro de Rei, Cospeito, A Pastoriza e Vilalba (Lugo), promovido por Erimsa"

(a seguinte foto é para darnos unha idea da importancia dos cursos de auga na zona, como para que non se faga un informe ó respecto)


1 comentario:

  1. Eu creo que ainda hai mais regos e regatos dos que se ven no mapa. Solo hay que ver como quedaron as fincas de millo estes dias, despois do que choveu. Imaginadevos como estaría se o nivel da terra fose aínda mais baixo debido a retirada do seixo.

    ResponderEliminar