¿Por qué estudo a Terra Chá?

É unha boa pregunta, según meu pai, nace o corvo na pena e tira para ela.
Ata hai dous anos, case non sabía o que significaba a palabra Seixo, sinceramente toda vida usei a palabra Cuarzo. Isto non só me pasou a min, senón que estou seguro que a moitos chairegos lles sucedeu o mesmo.
¿Qué sucedía?
Chegaban as MINAS ... pois de iso se trata esta historia.

martes, 20 de julio de 2010

Descanso

Hola a todas/os, como poderíades observar estes días pasados (se é que alguén me visita jeje), non hai nada actualizado dende hai tempo, isto é debido a unha nova ocupación laboral que me consume bastante tempo, polo que a partir de agora o pouco tempo que teña libre, vouno invertir en darlle para adiante o proxecto da Universidade, polo que non vou ter tempo a actualizar o blog.
Simplemente é un ¡Ata Logo!

martes, 15 de junio de 2010

Declaración de Impacto Ambiental

A Declaración de Impacto Ambiental (DIA) ten bastantes cousas que comentar, pero unha das máis destacadas é a seguinte (cita textual):

"En relación cos informes solicitados á Dirección Xeral de Turismo e a Confederación Hidrográfica do Norte, ó órgano substantivo sinala que NON se recibiron tras reiterada petición, polo que procede continuar coa tramitación do expediente"

É triste decilo, pero o SILENCIO ADMINISTRATIVO, considérase como un INFORME POSITIVO, polo que:

"Cumprimentada a tramitación ambiental, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, como órgano ambiental e no exercicio das competencias que lle concede o Decreto 106/2004, do 27 de Maio, formula, aos efectos ambientais, a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) do proxecto de PASE a Concesión de Explotación derivada do permiso de investigación Alicia nº 5.917, nos concellos de Abadín, Castro de Rei, Cospeito, A Pastoriza e Vilalba (Lugo), promovido por Erimsa"

(a seguinte foto é para darnos unha idea da importancia dos cursos de auga na zona, como para que non se faga un informe ó respecto)


jueves, 10 de junio de 2010

Artigo de Margarida Prieto.

Gustaríame recomendar a lectura do artigo de Margarida Prieto, coordinadora comarcal do Sindicato Labrego Galego na Terra Chá, xa que nel amosa unha opinión crítica sobre a actividade extractiva, facendo un repaso a través do tempo do que supuxo a Concesión Mineira da Terra Chá.




(Fonte da foto: http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=3&i=510)

miércoles, 9 de junio de 2010

Opinión persoal da Xornada contra as minas.

Xa hai tempo que tiña gañas de falar do que me pareceu a “Xornada contra a extracción de cuarzo na Terra Chá”, organizada pola Comisión de Asociacións en contra das minas da Terra Cha, máis concretamente dos actos informativos.
 (Fonte da foto: http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=8&i=543)

De entrada, xa me gustou moito, que un dos invitados fose Vidal Romaní, xa que teño lido un par de columnas de opinión no periódico (un era sobre as minas e o outro sobre a lagoa artificial de As Pontes) e gustame a súa forma de pensar e de expresarse, xa que fala con toda naturalidade do que pensa. (Se vos digo a verdade, tamén me ten gañado, porque lle teño feito consultas sobre o estado dos solos na Terra Chá despois das minas, e el sen coñecerme de nada, intentou resolverme todas as dúbidas). Se lle tivera que poñer un pero a súa intervención, o mellor sería que as veces empregaba unha linguaxe algo técnica para falar dos solos, e que por ahí o mellor se perdía algo de información, pero en xeral moi ben. 
Gustoume como estaba pensada a charla, unha persoa que dirixe a charla, unha opinión de un experto en solos e un experto en leis, para explicarlle a xente como está a situación actual no tema xurídico, e cal é a tendencia futura.
Unha das conclusións finais, foi que todo vai a depender en gran medida, de que a autorización da Xunta de Galiza sea positiva, a cal ven determinada por informes de distintas consellerías ou órganos competentes. Un dos informes no que máis esperanzas se ten postas, é no da Confederación Hidrográfica, xa que se considera que a actividade extractiva pode contaminar os acuíferos.

Pois eu funme para a casa pensando en iso, e sintoo, pero o meu entender creo que vai a ser algo dificil de demostrar.

1. As máquinas que van a realizar a extracción do seixo, son retroexcavadoras, cribadoras e camións, as cales (tal como pon o proxecto) cun correcto uso e mantemento, non teñen porque realizar vertidos de aceite ou gasoil.

2. Se se reduce o nivel do solo, e polo tanto o nivel de auga está moito máis próximo a superficie (en caso de que non estea encharcada), eu penso que os acuíferos se van a contaminar en certa medida, pero non de forma directa pola empresa, senón polos gandeiros que apliquen fitosanitarios os seus prados coma sempre, e que debido a ese nivel de auga máis próximo a superficie, capte unha maior cantidade de fitosanitarios que pasara á auga.

¿De quén vai a ser a culpa entón?

Dirá a empresa concesionaria das minas: Dos gandeiros por realizar un mal uso dos produtos fitosanitarios, xa que eles non contaminaron. (de forma directa, aunque sí de forma indirecta, xa que por mor diso, é máis fácil contaminar os solos da Terra Chá).

Xa para acabar:

+ POSITIVO: As charlas foron dun nivel moi bo, tratando de informar a xente mediante información de todo tipo: Técnica e xurídica.

+ NEGATIVO: A pouca presenza de gandeiros (xa sei que era día de ensilar) xa que no fondo considero que serán eles os máis perxudicados. Penso que moitos non se dan conta, de que como esa terra despois de extraer o seixo, non sexa tan produtiva coma antes, pode ser a morte do afogado.

lunes, 7 de junio de 2010

Grazas a todos/as.

Hoxe quería agradecer, con esta entrada do blog, a todas aquelas persoas que perden un pouquiño do seu tempo en pasar por aquí e ler o que aquí escribo,  ¡Moitas gracias! (incluída Maritxu, que dende o País Vasco é a seguidora máis lonxana). 

O gráfico mostra os lugares e a proporción de visitas de cada lugar. (Para que vexais que vos teño controlados jeje)

domingo, 6 de junio de 2010

Cambios na normativa do solo.

Existen unha serie de zonas, denominadas como Zonas de Especial Interés Agrario (ZEIA), ás que lle é de aplicación a Lei de Galicia 7/2007, do 20 de Maio de medidas administrativas e tributarias para a conservación da superficie agraria útil e do Banco de Terras de Galicia (BANTEGAL). Isto fíxose para conseguir unha xestión adecuada do Banco de Terras . Desta maneira queda reflexado nos seguintes artigos:

Artículo 2.2.  También tendrán la condición de zonas de especial interés agrario aquellos ámbitos territoriales que, mediante decreto, determine el Consello de la Xunta al resultar necesarios para conseguir una adecuada gestión del Banco de Tierras de Galicia.

Artículo 3.11. Zonas de especial interés agrario: las fincas concentradas en los diez años anteriores a la entrada en vigor de la Lei do Solo 9/2002 y las que se concentren con posterioridad, siempre que en esos supuestos el acuerdo de concentración sea firme. Tendrán también la consideración de zonas de especial interés agrario aquellas que, mediante decreto, sean declaradas así por el Consello de la Xunta.

Ante esta normativa, como as parroquias de Outeiro e Bazar, pertencentes o Concello de Castro de Rei, levaran a cabo o proceso de concentración parcelaria (entran dentro do periodo de 10 anos anteriores o 2002), son excluídas da superficie que abarca a Concesión de Explotación, xa que están catalogados como Zonas de Especial Interés Agrario.

Ese mesmo ano, a comarca da Terra Chá, foi declarada mediante o Decreto 206/2007, do 25 de Outubro, Zona de Especial Interés Agrario (ZEIA), catalogando o solo como, Solo Rústico de Especial Protección Agropecuaria.  

Se declara de especial interés agrario el suelo rústico de protección agropecuaria situado dentro del ámbito territorial de los municipios siguientes:
-Comarca de A Terra Chá: Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba y Xermade.

Tal como se falou na última xornada das Minas do 22 de Maio, unha autorización expresa da Xunta de Galiza deixa sen efecto a prohibición de realizar actividades mineiro - extractivas en solo rústico de protección agropecuaria. Isto contemplase no DOGA do 31 de Marzo polo que se modifica a Lei do Solo:

La implantación de nuevas explotaciones y actividades extractivas, así como la ampliación de las existentes en cualquier categoría de suelo rústico especialmente protegido, no podrá realizarse en tanto no sea aprobado definitivamente el correspondiente plan sectorial de actividades extractivas de Galicia, o proyecto sectorial, que será formulado y tramitado por el consejero o consejera competente en materia de minas; todo ello sin perjuicio de la posibilidad de otorgar autorización para actividades extractivas en suelo rústico de protección ordinaria y de especial protección forestal, según lo dispuesto por los artículos 36º y 37º de la presente ley.

Antes non se podía realizar ningunha actividade extractiva en solo rústico de protección agropecuaria, agora deixase aberta a porta, a realizar actividades extractivas ata en solos rústicos especialmente protexidos, que consistirá nunha autorización da Xunta de Galicia. En teoría esta autorización está supeditada a que a Declaración de Impacto Ambiental sexa favorable...outro día comento como foi a anterior Declaración de Impacto Ambiental.

(Non sei moito de Leis, así que tédesme que perdoar se cometo algún erro. Por certo se alguén entende sobre este tema e me quere orientar algo, son receptivo a aprender sobre o tema)

miércoles, 2 de junio de 2010

Fotos didácticas

Vouvos propoñer un pequeno xogo ou adiviña. Vou publicar dúas fotos, das cales, unha é dende o punto de vista dos chairegos, e a outra dende o punto de vista dunha empresa mineira calquera (por exemplo unha que teña pensado quitar seixo na Terra Chá). O xogo consiste en relacionar as fotos, cos distintos puntos de vista mencionados anteriormente.
Por se vos interesa, s fotos son de un perfil de terreo situado na Ponte de Outeiro (un corte, no que se poden observar as distintas capas do terreo).
 

Nesta entrada, deixeime levar algo polos sentimentos jeje, prometo que nas próximas, serán na liña de tratar de documentar todo o que vou escribindo.

¿Cartos? Non gracias.

Vou comentar agora, o que pensa a Empresa mineira, sobre os terreos nos que vai a levar a cabo a extracción do seixo:

"Para la explotación será necesario la adquisición o el arrendamiento de los terrenos que ocupan la explotación, que se irá realizando anualmente previo al inicio de la campaña (en Maio é cando prevén comezar a campaña), por periodos anuales. La superficie arrendada dependerá de la zona en la que se realice la explotación, oscilando entre 20 y 80 hectáreas anuales.
 Dada la amplia experiencia de la empresa, tras su continudada labor en la zona y los antecedentes hasta la fecha, se calcula como valor del arriendo (ollo, estes datos son do Proxecto do ano 2002, hoxe en día é probable que os prezos estean actualizados) el de 172,63 € el ferrado, equivalente a 0,27 €/m2 o 2.704,55 €/hectárea, y disponer en régimen de alquiler del 65 % de la superficie. 
El 35 % restante de los terrenos se comprará, aunque a un precio mayor, 3.305,57 €/hectárea, debido al arbolado."

Eu este comentario sobre o aluguer dos terreos, poido asocialo a cando algúen busca inquilino para un piso de aluguer da súa propiedade. Poucas persoas se atreverían a alugar o seu piso, a unha persoa que ten en mente acometer reformas nel. e menos aínda se non lle pode demostrar que lle vai a quedar nas mesmas condicións que o colleu o principio.
Outro tema, xa é cando falamos de expropiación. 



sábado, 29 de mayo de 2010

Quitándolle importancia ó problema!!

Como se ten comentado moitas veces, a baixada do nivel do terreo como consecuencia da retirada das gravas de seixo, é moi probable que provoque o encharcamento da zona afectada (sobre todo na época de máis choivas).
Isto é algo que a empresa concesionaria das minas contempla no seu proxecto, da seguinte maneira (máis ben, a súa maneira):

"Como consecuencia de la explotación se puede producir un pequeño abatimiento del nivel freático (o cerca que está a auga da superficie) en los alrededores más inmediatos del hueco generado, de pequeña escala y no considerado muy sustancial, permaneciendo práticamente invariable la superficie del nivel freático. 
Dado que por las características climáticas y pluviométricas de la zona, la explotación sólo se realizará en la época estival, durante cinco meses entre primavera y otoño, precisamente condicionada a bajos niveles freáticos, y con una profundidad de excavación pequeña (siempre inferior a 4 metros), se anula la afección sobre el nivel freático"

Conclusións - O meu entender, no proxecto non son moi claros, en canto  a forma da que se vai a ver afectado o solo, xa que utilizan palabras como: pequeño, no muy sustancial, prácticamente invariable, que non son demostrados con datos ou estudos. Ocorre así con moitas das explicacións que se poñen no proxecto...pero eso queda para outro día!

Parcela de Ensaio

As fotos que se poden observar nesta entrada, son dunha pequena parcela de 4 x 4 metros, na que se pretende simular (a pequena escala...moi pequena escala) o proceso de extracción de seixo. 
O proceso é o seguinte:
  1. Nesta parcela vamos a facer un furado de ata 2 metros de fondo (en teoría, ata o máximo que poderían furar), retirando en primeiro lugar a cuberta vexetal (xa comentamos noutra entrada, que é a capa de terra superficial de aproximadamente 40 ou 50 cm, que labramos e sementamos). 
  2. A continuación mesturamos esa terra retirada, quitamos as gravas de seixo (coios)  maiores de 4 cm. 
  3. Para facer un proceso similar o cribado e ante a falta de medios (económicos, como non!) removemos esa terra o máximo posible e voltamos todo para o furado.
  4. Xa por último, colocamos a cuberta vexetal (40 ou 50 cm) retirada o principio.
¿Que sucede o realizar isto?
  1. Redúcese o nivel do terreo, é dicir, baixa con respecto o terreo que non foi alterado. É tan sinxelo, como que as gravas ocupan un volume no solo, polo que a súa retirada supón unha reducción  no nivel do terreo (un pequeno furado ou poza). No proxecto elaborado pola empresa Concesionaria, estímase en un 5 % (que eu penso que poderia ser máis).
  2. Altéranse case 1,5 metros de terreo, mesturando horizontes (os horizontes son as distintas capas de terra que se poden observar no solo, que están formadas por materiais distintos). Isto o meu entender é un dos problemas máis grandes das minas, xa que alteran a estrutura do solo, que é un sistema ó que lle levou moitos, pero moito moitos anos formarse. Isto implica que o movemento de auga no solo non vai a ser o mesmo, que a productividade do terreo se vexa alterada, etc.
  3. O nivel da auga na Terra Chá, está moi próximo a superficie do terreo, na maior parte do ano. Ó reducir o nivel do terreo (ca retirada das gravas) probablemente o que suceda, é que se formen pozas nos lugares onde se realizou a extracción.
Podemos observar na seguinte foto, como cando o nivel da auga está moi próximo a superficie, unha pequena baixada no nivel do terreo, crea unha poza.

jueves, 27 de mayo de 2010

¿Como é o Seixo?

Gústame especialmente esta foto (mellor nun tamaño mais grande) xa que é un corte do terreo, no que se pode observar como é o solo nunha zona da Terra Chá (entre Outeiro e Bazar).
Vemos unha primeira capa máis negra, é a chamada Cuberta vexetal. Esta é a capa de terra que se traballa (labrar, sementar, etc.) Todavía se ven poucas gravas de seixo nesta primeira capa.
A segunda capa, xa contén moitas máis gravas de seixo. Esto é o que veñen buscando os das Minas (esas pedras redondas que se ven nas fotos).
A continuación vou poñer unha foto dunha grava de seixo como a que lles interesa ós das minas (a verdade e que se atopa por calquer camiño ou pista da concentración)

¡Dudas sobre as Minas!

¿Como van ser as minas na Terra Chá? - "Unha explotación a ceo aberto por cribado e transferencia para a obtención de Gravas de Seixo"

¿Que é entón, o que eles entenden como Gravas de Seixo? - Todos aquelas gravas (ou pedras, pa entendernos mellor) maiores de 4 cm.

¿Ata que profundidade van a furar? - É unha boa pregunta, xa que teño lido de todo. A profundidade máxima que lín, foi de 4 metros. No proxecto que teño diante agora mesmo pon: Para un espesor explotable siempre inferior a 3 metros. (Agosto 2002)

¿En que época do ano van a realizar a extracción do Seixo? - De Maio a Setembro. Non é que non queiran traballar todo o ano, senón que na chaira o nivel de auga, está moi próximo a superficie durante case todo o ano. Isto que quere decir, ou que está encharcado, ou que a pouco que furen, atopan auga moi rápido, polo que non poden entrar as máquinas.

Opinión do profesor Vidal Romaní sobre as minas de seixo.


Vidal Romaní - Catedrático de Xeoloxía da Universidade da Coruña

Es el último dislate, la flecha del parto, de los responsables de Industria y Explotaciones Mineras de nuestro Gobierno. Como en un viejo chiste, después de robarle la cartera al incauto viandante, ahora se aprestan a ponerlo boca abajo cogido por los pies y para sacudirle los bolsillos por si lleva algo más en ellos. Durante miles de años, la erosión natural y los arrastres de las aguas de lluvia han hecho acumularse en esa zona de la Terra Chá los aluviales resultado de la meteorización del granito o de los bancos de cuarcita. Los romanos, más listos, hace 2.000 años se dedicaron a explotar las gravas del Sil para separar oro. Ahora, como en una mala imitación, nuestros flamantes empresarios mineros mejoran sus anteriores actuaciones: Meirama, As Pontes, Serrabal, O Porriño, O Courel, O Barco de Valdeorras, añadiendo una nueva medalla a su pechera. La magnífica aportación de Erimsa, irradiada de las minas de Pico Sacro para hacerle sitio a Ferroatlántica, es excavar todos los suelos de la Terra Chá buscando el cuarzo que ha quedado retenido en ellos. Dejará detrás el clásico paisaje de la minería gallega: agujeros que se llenarán de agua, terrenos arrasados y la desaparición de toda la cubierta vegetal que estaba sobre ellos. Luego se llevarán el cuarzo para cualquier lugar del mundo donde si es de buena calidad lo transformarán en silicio para fabricar placas fotovoltaicas, o para mejorar la dureza de los aceros o para hacer áridos si es de mala calidad. Y luego los gallegos, estimulados por una adecuada política de ahorro de energía, comprarán los paneles solares fabricados con el cuarzo a 10.000 veces el precio del material de origen. Y podrán hacer regatas de vela en los nuevos lagos de Cospeito. Un negocio redondo.

http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2009/01/21/0003_7474997.htm

(Artículo publicado na Voz de Galicia: 21/01/2009)